Friday 29 de March de 2024

José Luís Pérez recibe ao delegado da Xunta de Galicia Gonzalo Trenor no CPI Cabo de Area


• A visita proposta polo alcalde tivo lugar no día de hoxe, na que Gonzalo Trenor informou o rexedor de que se vai a realizar un investimento próximo aos 400.000 € no centro educativo.

O alcalde de Laxe José Luís Pérez recibiu esta mañá a visita do delegado da Xunta Gonzalo Trenor, unha visita que traía debaixo do brazo un investimento de case 400.000 euros para o centro educativo CPI Cabo de Area.

Nesta visita atopábase a xefa de Estudos Alejandra e a directora do Centro Dona Cristina, hai unha semana o Centro trasladaba ao alcalde un escrito con peticións de reforma no centro educativo, unhas peticións que o alcalde fixo chegar de inmediato ao Don Indalecio, xefe territorial de Educación, o cal colleu a testemuña e hoxe mesmo acompañaba ao delegado na visita, para ultimar detalles. Pola contra no día de hoxe confirmouse unhas peticións antigas, e moi necesarias con un investimento de case 400.000 euros

O investimento para este centro constará de varias actuacións que terán que estar rematadas antes de tres meses, segundo informa Gonzalo Trenor, a licitación xa está realizada, e as obras comezaranse canto antes, nas cales cambiarase boa parte da carpintería do edificio de primaria, saneando e pintado a estrutura metálica na zona da entrada do edificio de secundaria, e a substitución integral da cuberta da cafetería e vestiarios.

Ademais procederase a substituír os vidros do lucernario da entrada do edificio. Completarase coa instalación dun illante térmico exterior do cerramento do edificio de primaria e do de secundaria.

O alcalde é coñecedor da necesidade de preparar os centros escolares para o comezo inminente do curso escolar, por tal motivo nestes momentos xa se pintou o centro escolar de Trada despois de cambiar o chan, e estase acometendo as reparacións necesarias para a súa reapertura no resto dos centros educativos, ao que temos que unir o investimento de case 400.000 euros para o CPI Cabo de Area, no cal o alcalde fixo fincapé da necesidade de adaptar o acceso dos alumnos ao centro para que non se mollen cando entran no colexio os días de choiva, estudando entre todos a mellor solución, e decantándose por reformar a entrada de vehículos, para que os autobuses poidan acceder ata a entrada do centro, evitando así que os alumnos teñan que expoñerse ás inclemencias do tempo, unha proposta que o delegado da Xunta Gonzalo Trenor viu con bos ollos, e o cal, o vai a trasladar, para ver a posibilidade de realizalo canto antes.

José Luís Pérez agradece enormemente e comenta o compromiso que está a demostrar a Xunta de Galicia con Laxe, só hai que lembrar que hai uns días visitábanos o Presidente Feijóo para axilizar o investimento do porto de máis de 3.000.000 de euros e hoxe mesmo a Xunta dános a boa noticia dun investimento de 400.000€ para o noso Centro Escolar, di.